Esta web é unha plataforma de axuda e interacción entre a cidadanía e as entidades sociais pontevedresas para atender as necesidades básicas da poboación. Aquí amósanse recursos suficientes para canalizar a nosa axuda cara a súa importantísima labor social e humanitaria.
Que é a Redeaxuda de Pontevedra?
Unha inciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.
Quen impulsa esta iniciativa?
A Concellería de Benestar Social Municipal a partir de diversas xuntanzas nas que participaron as entidades asociativas adicadas a esta actividade, e unha vez detectadas as posibles melloras que poderían facer máis eficiente o seu traballo social.
Quen forma parte da Rede?
As seguintes entidades sociais: Cáritas, Comedor de San Francisco, Calor y Café, Proxecto Home…
Como se materializa esta iniciativa?
De dúas formas:
– Creando a propia rede, interconectando ás entidades, creando fichas identificativas sobre as funcións de cada unha, obxectivos, situación, contacto…
– A través dunha xanela electrónica (unha web) para favorecer a interacción coa cidadanía e os medios de comunicación.