Hipotecas

OFICINA DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E INTERMEDIACIÓN EN MATERIA DE EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS (OFIMEH)

Froito do convenio entre o Concello de Pontevedra e o Colexio de Avogados, púxose en marcha o 17 de decembro de 2012 a Oficina de información, asesoramento e intermediación en materia de execucións hipotecarias (OFIMEH).

O servizo consiste nun proceso de asesoramento e negociación cos bancos ou caixas de aforro, con carácter prexudicial, co obxectivo de tratar de acadar un acordo entre as partes e antes de acudir a un xulgado.

As persoas que soliciten este asesoramento deben estar empadroadas no Concello de Pontevedra nos últimos 6 meses.

Na Casazul informaráselle da documentación que deben achegar e do día e hora no que serán atendidos. Imprescindible cita previa chamando ao teléfono 986 804300 ext 7452 ou enviar un correo a redeaxuda@pontevedra.eu

Neste documento podes consultar a documentación necesaria que debes achegar na primeira cita.