Redeaxuda constata a boa engrenaxe das entidades e a eficiencia da resposta as demandas sociais formuladas

71
  • O éxito dos Cómplices dos Reis Magos, un exemplo: 465 nenos e nenas recibiron os
    agasallos de Nadal solicitados
  • As alertas cóbrense de xeito case inmediato
  • O protocolo de frío está listo e hoxe mesmo contactarase de novo cos “sen teito” da
    cidade

Representantes de todas as entidades que forman Redeaxuda mantiveron unha xuntanza de traballo coa concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, no comedor San Francisco co obxectivo de avaliar o feito no ano 2016 e formular as actuacións do ano que comeza. Foi a primeira das xuntanzas convocadas fóra das dependencias municipais, “unha deslocalización” que levará as reunións as sedes das distintas entidades.

A concelleira Carmen Fouces subliñou a boa sintonía acadada entre as entidades de Redeaxuda o que permite afrontar con celeridade e eficiencia as demandas sociais que atenden. Este bo engrenaxe amosouse, por exemplo, na campaña Cómplices de Reis Magos na que 465 nenos e nenas recibiron a tempo os agasallos que pediran aos Reis.

Tamén quixo pór o énfase a excelente resposta cidadán fronte as alertas de Redeaxuda “que se cobren, todas, case de inmediato”.

Os representantes das entidades que integran Redeaxuda coincidiron a hora de sinalar que no último ano non notaron un crecemento de usuarios.

Á hora de facer balance do 2016 falouse de cartos, de preto de 6.000 euros recollidos por Redeaxuda de donacións. Os cartos foron depositados en tres establecementos da cidade para que as entidades adquirisen os alimentos, roupa,…, material escolar e produtos farmacéuticos que precisaran.

Por outra banda, no pasado Redeaxuda distribuíu arredor de 10.000 kg de alimentos recollidos en actos solidarios de asociacións, colectivos profesionais, citas deportivas, eventos…. e mesmo por particulares.

Nove entidades sociais integran Redeaxuda: Asociación Rexurdir Provincial, Cáritas Interparroquial, Calor y Café, Club de Leones, Comedor San Francisco, Fundación Amigos de Galicia, Fundación Meniños, Fundación Secretariado Xitano e Proxecto Home Galicia. Ademais un amplo abano de asociacións sociais, veciñais, vencelladas a discapacidade colaboran de xeito activo coa rede.

Redeaxuda é unha plataforma de axuda e interacción entre a cidadanía e as entidades sociais pontevedresas que promove a Concellería de Benestar Social Municipal co fin de atender as necesidades básicas da poboación.

Máis información: redeaxuda.pontevedra.gal

Protocolo de frío

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, fixo unha mención especial ao Protocolo de frío, que atende as necesidades dos “sen teito” nas xornadas máis frías do ano. O protocolo, que comezou a funcionar no inverno 2012-2013 actívase de xeito automático cando están cheos os albergues asistenciais que hai na cidade. Entón ofréceselle a estas persoas un hostal para pasala noite. Ademais distribúese entre os que rexeitan a axuda, roupa de abrigo, sacos de durmir, termos con bebidas quentes…

  • No inverno 2012-13 estivo activo 23 noites e foi usado os hostal por 19 persoas
  • No inverno 2013-14, activo 33 días e usaron o hostal 4 persoas
  • No inverno 2014-15, activo 22 noites e usaron o hostal 8 persoas
  • No inverno 2015-16, activo 27 noites e usaron o hostal 18 persoas

No presente inverno aínda non se activou. Agora que chegou o frío, os albergues teñen
camas baleiras: o de Cáritas ten ocupadas 10 das 20 camas dispoñibles e en Calor e Café ten máis ocupación pero ninguén quedou sen sitio.

O que si houbo foi xa unha primeira distribución de material para o frío (sacos, calzóns,
calcetíns térmos, camisetas, vasos térmicos…) e hoxe mesmo haberá un novo reconto
da situación ante as previsión do tempo.

A Concellería de Benestar Social ten contabilizados, a día de hoxe, 16 “sen fogar”, que
dormen na rúa. Con todos eles falarase de novo para lles ofrecer a posibilidade de durmir
baixo teito.

COMPARTIR
Artigo anteriorURXENCIA