Oficina Municipal de Voluntariado

181

QUE É? 

VOU! é o programa de voluntariado da Oficina Municipal de Voluntariado, a OMV.

CAL É A SÚA FINALIDADE?

VOU! ten como obxectivo promover o voluntariado a nivel municipal e crear tecido social entre diferentes entidades.

ONDE ESTÁ?
A OMV está no despacho 36 da Casazul, no nº 2 da rúa Sor Lucía.

QUEN PODE SER VOLUNTARIO/A?
Toda aquela persoa que quera adicar unha parte do seu tempo libre a axudar aos demais.

EN QUE ÁMBITOS SE PODE SER VOLUNTARIO/A?
Podes colaborar coas asociacións que forman Redeaxuda, con programas de discapacidade, en accións puntuais de VOU!, en actividades de difusión, co voluntariado dixital, en proxectos interxeracionais e de voluntariado familiar ou podes desenvolver o teu propio proxecto coa nosa axuda.

QUE HAI QUE FACER PARA SER VOLUNTARIO/A?
Podes vir falar con nós os luns, mércores e venres de 10:00 a 13:00h no despacho 36 da Casazul ou mandarnos un e-mail a voluntariado@pontevedra.eu

COMPARTIR